💝A AMIZADE💝 con Aldaolado

Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: 💝A AMIZADE💝. E para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que pouca xente o sabe. A poeta e cantante Lucía Aldao volve ao programa acompañada de María Lado, tamén poeta e cantante. Xuntas forman Aldaolado e, por suposto, son amigas e comadres de alma. Pare pechar o círculo, contamos coa colaboración de Violeta do grupo BALA, compañeira de Anxela Baltar que xa nos acompañou xunto a Lúa Mosquetera. Con Aldaolado parolamos sobre as amizades e as artes, sobre a xeracións de narradores latinos como Silvina Ocampo, a súa relación con Alejandra Pizarnik, Borges, amizades sorprendentes como a de Pamela Anderson e Julian Assange ou Snopp Dogg e Martha Stewart ou a amizade animal. Realizamos a Lucía Aldao e María Lado o test definitivo sobre a súa relación e deixamos fluir a lingua para que as anécdotas non deixen de saír. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️