💪A MATRIA💪 con María Vázquez, Álvaro Gago e Susana Sampedro

Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 consultamos e parolamos cos artistas detrás do fenómeno: o cineasta Álvaro Gago e as actrices María Vázquez e Susana Sampedro. Apoiándonos en momentos do filme chegamos ata as nosas propias conclusións. Reflexionamos sobre o carácter peculiar e único non só da xente do mar, senón desa área xeográfica de Galicia, tamén acerca do sentido do humor, o traballo asalariado, o teito de cristal, a muller obreira, o amor propio, a sexualidade e sensualidade na idade adulta, a autorealización ou o acento. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️