🎵A MÚSICA🎵 con Rodri Míguez

Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar en redes sociais, o xornalista musical e tiktoker Rodri Míguez. Xunto a él parolamos como poicas veces de actualidade e da 🎵MÚSICA🎵 , pasando pola última edición do Benidorm Fest, o efecto Blanca Paloma, Nochentera, os críticos musicais, a sesión de Bizarrap e Shakira, letras envelenadas, cantigas de escarnio e maldizer, os novos nomes da música galega, apostas galegas e eurovisivas e, por suposto, As fillas de Cassandra (@fillasdecasandra.mp3). Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️