Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"

En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario Unidade, no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal. Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella. 

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️