❤️O AMOR❤️ con Grande Amore

Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV. A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️