đŸš«O PROHIBIDOđŸš« con Jaione Camborda

Café Derby 21 - En podcast af Café Derby 21

Kategorier:

Neste aĂ­nda 2023 non podĂ­a faltar un programa* cunha das revelaciĂłns da temporada e un talento Ășnico, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. AtopĂĄmonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clĂĄsico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola sĂșa Concha de Oro no Festival de San SebastiĂĄn grazas a O Corno, un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa Ă© profeta na sĂșa terra, en todas elas. Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre đŸš« O PROHIBIDO đŸš« a raĂ­z do que acontece no filme O Corno, pero tamĂ©n en todos os ecos que resoan na actualidade. AchegĂĄmonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran mĂĄis libres, a prohibiciĂłn social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo. *AVISO: Por mor dun problema tĂ©cnico no procesado do arquivo de audio, este programa ten unha duraciĂłn lixeiramente inferior ĂĄ habitual. Lamentamos as molestias, O Corno volverĂĄ ao CafĂ© Derby 21. Prometido! · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de ediciĂłn de XoĂĄn Bregua💚