🔮O SOBRENATURAL🔮 con Tamar Novas

Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe en xeral un grao de crenza no sobrenatural, ben sexa deste xeito, consumindo filmes de terror, literatura sobrenatural, programas de pseudociencia, astroloxía, rituais de todo tipo ou participando dalgunha superstición inocente e inofensiva. Para tratar este tema achegámonos ata o Culturgal e falamos co actor Tamar Novas, gañador do premio Goya e candidato en varias ocasións aos Mestre Mateo, que presenta o filme O corpo aberto, unha historia de lendas e superstición nun mundo ao límite baseado nun texto de Méndez Ferrín. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️