✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón

Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón! Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións. E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚 · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚

Om Podcasten

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️